A “I Campaña de Limpeza. Recuperemos Valborraz” desenvolvíase nesta fin de semana neste enclave mineiro de Casaio (Carballeda de Valdeorras). O seu obxectivo era recuperar parte das instalacións desta mina de volframio.
Neste marco tiña lugar a presentación do libro do valdeorrés Christian Barrio “Jose Barrio, el último guarda de la mina de Valborraz”, que conta a historia do seu avó. Un volume que, ademais, captaba a atención do fotógrafo coruñés Javier Albarrán que está a piques de publicar tamén un libro de imaxes sobre esta mina. Parte dese traballo fotográfico tamén o presentaba o 21 de marzo, xunto a Barrio, no Albergue Eco dos Teixos.
Esta campaña forma parte da campaña “Recuperemos Valborraz”, organizada pola Asociación Científica Sputnik Labrego, o Albergue Eco dos Teixos e a Comunidade de Montes de Casaio e Lardeira e que foi lanzada o pasado novembro para recadar fondos destinados á recuperación deste enclave histórico único.
Fotos da galería: Rosana Fernández.

