CulturaCulturaÚltima hora

O libro “El último maqui” preséntase na Casa da Cultura de Quiroga o 1 de agosto

 

O vindeiro venres 1 de agosto a Casa da Cultura acollerá, a partir das oito do serán, a presentación do libro ‘El último maqui. Vida y leyenda de Mario de Langullo’, do xornalista e escritor Juan Carlos Alonso. Esta obra é una biografía novelada que relata a vida de Mario Rodríguez Losada, coñecido como Mario de Langullo, o último guerrillero antifranquista que pasou trinta e dous anos fuxido no monte.

O protagonista, a partir do tráxico momento no que se decatou do fusilamento do seu pai, alcalde socialista de Manzaneda, cun arma debaixo do brazo, decide malvivir como unha alimaña. Este rebelde indómito, xefe dunha das partidas máis temibles do país, comezou unha nova vida como fuxitivo, unha existencia que se estendeu durante tres décadas e co transformou en toda unha lenda.

Mario Rodríguez Losada, coñecido como Mario de Langullo ou Pinche, nado en Manzaneda en 1913 e finado en Seadur (Larouco) en 1986, foi uns dous últimos guerrilleiros en abandonar a loita armada contra o réxime do xeneral Franco. Pasou de escapado a guerrilleiro, e era moi afamado en todo o oriente da provincia de Ourense e non sur da de Lugo.

O libro, publicado pola editorial Almuzara, recolle un traballo de investigación e recopilación de testimonios inéditos ao longo de máis de vintecinco anos.

Back to top button