A Biblioteca do Ateneo de Madrid acollerá este martes 16 de setembro a presentación do libro “Lauro Olmo, Pilar Enciso. Teatro de resistencia” ás 19:00 horas. O libro, escrito por Antonio Fernández, Berta Muñoez Cáliz, Marta Olivas e Álvaro Pajares, aborda a obra teatral deste autor barquense e da súa dona, Pilar Enciso.
O acto contará coa participación das actrices Laura Ferrer, Natalie Pinot e Julia Rubio que lerán uns fragmentos de La pechuga de la sardina e tamén está prevista a intervención de Miguel Ángel Hermida e Lauro Olmo Enciso, un dos fillos dos dramaturgos aos que se lle dedica o libro.
