CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O libro que conta a historia do político republicano Alejandro Viana, presentado no Barco

Está escrito polo seu bisneto, o avogado e politólogo Roberto Mera

 

A intervención do deputado republicano Alejandro Viana (Ponteareas, 1877- México DF, 1952) convertíase en decisiva para a evacuación dende Francia cara a América de 17.000 refuxiados republicanos tras o estoupido da guera civil española. Nese episodio pon o foco o seu bisneto, o avogado e politólogo Roberto Mera Covas, que recupera a súa historia no libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos, publicado por Belagua Ediciones.

 

 

Esta obra presentábase no salón de actos do edificio Multiusos do Barco na tarde do 31 de outubro, nun acto que abría o presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, Aurelio Blanco Trincado. Ademais interviña o historiador Luis Carrión, que presentaba a Roberto Mera.

 

 

Pola súa trascendencia na recuperación da memoria democrática, o libro foi galardoado en 2022 co premio Antón Losada Diéguez, na categoría de Investigación e Ensaio.

Fotos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button