CulturaCulturaÚltima hora

O libro “Queda moito que sachar” de Lalo Pavón presentarase o 13 de xuño en Parada de Sil

 

O vindeiro sábado, 13 de xuño, ás sete da tarde no salón de plenos do Concello de Parada de Sil o xornalista Lalo Pavón presentará o libro “Queda moito que sachar”, que forma parte da triloxía Un tiro para Méndez Ferrín e outras historias e Osos de Santo.

O acto asistirá o autor, o escritor Xosé Manuel del Caño quen fará entrega ao Concello de dez xogos de doce números da revista Folla Secas, revista da que foi o seu director e tamén tivo un papel moi activo na recuperación da casa de Curros Enríquez en Celanova, así como a súa transformación en museo.

O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, anima a veciñanza á asistencia a este acto cultural, que el gusta de enmarcar no eixo de actuación  o que da moita importancia  como amosan os moitos actos ue se celebran o longo do ano.

Back to top button