Era cuestión de tempo. Anoitecendo neste fatídico domingo 17 de agosto o lume víase xa por riba de Viloira, no Barco de Valdeorras, baixando cara O Coutado, lonxe aínda das casas a expensas da dirección do vento que sopra neste momento.
No lugar están tamén varias ambulancias e a Garda Civil, con moitos veciños na rúa, preto da praza vixiando con preocupación o avance da chamas.

Na estrada que vai á Sobradelo, na contorna da ITV, a Policía Local do Barco está a regular o tráfico controlando o desvío cara as locallidades do Castro, Vilariño e Alixo.




Vídeo: O SIL.