
Continúase nunha loita incansable contra o lume que desde hai cinco días afecta a Quiroga procedente do concello de Larouco e que segundo as estimacións da Consellería de Medio Rural leva calcinadas preto de 20.000 hectáreas, converténdose nun dos lumes máis grandes de Galicia.
Onte pola tarde o lume comportouse nalgúns momentos como un incendio convectivo. Estes son os máis perigosos porque xeran o seu propio sistema de ventos e é máis complicado predicir o seu comportamento e poder identificar as zonas en perigo.

A noite caía e as cousas comezaron a complicarse , de novo, para o núcleo de Bendollo, Centeais e Vilar de Mondelo. Traballadores do servizo de extinción de incendios, voluntarios e veciños dos pobos, traballaron incansablemente para protexer as casas máis próximas as lapas. Segundo os datos desta mañá,o lume avanza cara os lugares de Outeiro ,Soldón da Seara, e a aldea de O Mazo. Aínda que o lugar que continúa con perigo é o nucleo de Centeais.

Fotos: RTM Quiroga.