
Outra poboación valdeorresa á que está a ameazar o lume é Rubiá. Dende primeiras horas desta tarde as lamas van descendendo cara a vila. Os veciños seguen con moita preocupación a evolución das chamas, que se aproximan á parte alta da localidade. No intre de escribir estas liñas no lugar había unha motobomba, Garda Civil e un vehículo da UME.
En canto se teñan máis datos ampliarase información.
https://youtube.com/shorts/8O3XAMdUxRo?feature=share
https://youtube.com/shorts/-iyI-LACnMQ?feature=share