ConcellosÚltima hora

O lume tingue de negro a paisaxe das Médulas, Patrimonio da Humanidade

 

O lume cerca dende a pasada fin de semana a provincia de León, deixando un desvastador e impresionante rastro negro, como acontecía coas localidades próximas ás Médulas, nas que as chamas chegaban na pasada tarde, como consecuencia dun incendio que iniciaba en Yeres (Puente de Domingo Flórez), que obrigaba a desaloxar varias poboacións ( e que no intre de escribir estas liñas continuaba activo.

O lume obrigaba a desaxolar onte a numerosas persoas de localicalidades como Médulas, Orellán, Borrenes, Carucedo, Yeres e Voces (un total dunhas 700 persoas, segundo datos da Junta de Castilla y León).

 

 

No caso de Médulas, o lume queimaba varias casas, tamén resultaba queimada a Aula Arqueolóxica das Médulas. “Aínda que por agora non é posible coñecer o seu alcance preciso, o incendio danou infraestruturas turísticas emblemáticas, como son a aula Arqueolóxica das Medulas e o miradoiro de Orellán, cuxa recuperación se considera prioritaria”, dicían esta mañá dende a Consejería de Medio Ambiente da Junta de Castilla y León.

 

 

Así mesmo, este departamente autonómico anunciaba que nos próximos días levará a cabo unha reunión extraordinaria do Padroado da Fundación As Medulas, en cuxo seo se elaborou a estratexia de xestión conxunta de todas as infraestruturas turísticas do Espazo Cultural das Medulas, co obxectivo de reorientar o Plan de Actuación Anual e os orzamentos cara á recuperación de todo o patrimonio cultural afectado.

Segue a preocupación nalgúns flancos polos incendios de Yeres-Médulas, que segue activo e en situación de nivel 2, así como no de Llamas de Cabrera (Benuza).

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button