CulturaCulturaÚltima hora

O Mago Teto trae o 26 de decembro a Viana, a súa vila natal, o espectáculo “Pequenas, grandes maxias”

O Mago Teto nunha actuación anterior en Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Nadal de Viana do olo será especialmente máxico. Tras varias décadas repartindo a súa arte por todo o mundo, o Mago Teto “volta a casa polo Nadal” co seu espectáculo máis persoal “Pequenas, grandes maxias”.

Inclúe xogos con pequenos elementos, como libros, cartas, papeis.., ás veces, simplemente palabras, e outras veces as propias sombras. De xeito, o Mago Teto logrará que o espectador “atravese o espello do mundo real ao mundo da fantasía e senta unha serie de emocións únicas e irrepetibles”.

Esta cita coa maxia está prevista para o venres 26 de decembro ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Viana do Bolo.

 

Back to top button