San Xoán de Río celebraba neste 15 de novembro o Magosto máis multitudinario dos últimos anos. Máis de 350 persoas dábanse cita no polideportivo deste municipio para desfrutar desta cita que aúna tradición, festa e gastronomía.

A entrada tiña un prezo de 2 euros e permitía desfrutar dun menú a base de chourizos, panceta, castañas, bica, pan e viño. Ademais, a partir das 19h. tiña lugar a actuación de Francisco Castro&Banda.
“Veu moita xente de fóra como autocaravanistas de Ponferrada, tamén veciños de Valdeorras que subiron e das Terras de Trives e Caldelas”, destaca o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez.
Fotos cedidas.
