OurenseÚltima hora

‘O mar empeza aquí’, campaña de recollida de cabichas, en Ourense da man dos Ecovixiantes

 

Ecovixiantes de Franciscano de Ourense retoman as rúas de Ourense dentro da campaña de recollida de cabichas ‘O mar empeza aquí.’ A actuación ambiental tivo lugar na rúa Celso Emilio Ferreiro “onde as cabichas se contaban a miles polos numerosos comercios da zona, fundamentalmente bares e cafeterías, onde este poderoso residuo multiplícase a modo de especie invasora”, aseguran dende o colectivo medioambiental.

 

 

Doutra banda o Profesor Gonzalo Sánchez, Lalo, depositou preto de 200 quilos de tapóns solidarios, dentro da campaña ‘Tapóns para unha vida’. Déixanse na nave de SEUR no polígono industrial de San Cibrao, procedentes dos que se depositan no Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense e os que lles entregan desde o Concello de Xinzo.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button