DeportesÚltima hora

O marchador valdeorrés Mateo Valcarce (Adas), subcampión no galego de clubs Sub20

Neste mesmo campionato autonómico Paula Cela era terceira na proba de 1.500 m

 

Con podios para os atletas valdeorreses comezaba o XXXIV Campionato galego de clubs Sub20 que se está a celebrar neste 10 de outubro no CGTD de Pontevedra. Así unha das primeiras probas en celebrarse, ás 10:15h. era a de 5.000 m marcha, na que o barquense Mateo Valcarce Fernández (Club Adas Cupa) lograba a segunda posición, cun rexistro de 22:20.89. A carreira ganábaa Nicolás Collazo do Sanysec-Ourense Atletismo.

Ademais, na carreira dos 1.500 m feminina, a atleta do Club Adas Cupa Paula Cela entraba na terceira posición, cunha marca de 30:02.65. A ganadora era Icia Ares, do Sanysec-Ourense Atletismo.

O Club Adas Cupa conta nesta competición cun equipo masculino e con outro feminino. A competición segue a desenvolverse no intre de escribir estas liñas.

Fotos: FGA.

 

 

Back to top button