DeportesÚltima hora

O marchador valdeorrés Mateo Valcarce, bronce no Campionato de España Sub16

Nesta cita tamén participaba a súa compañeira no Adas Cupa, Tania Peláez, nos 300 m

 

O atleta Mateo Valcarce Fernández (Club Adas Cupa do Barco) segue colleitando medallas. Nesta fin de semana o marchador acudía ao Campionato de España Sub16, que se celebraba en Xixón, onde conseguía un destacado terceiro posto nos 5.000 marcha, que lle valía o bronce nacional. Ademais completaba a proba cun crono de 13:11.84, que representa unha MMP.

 

 

 

Neste Campionato de España tamén participaba a atleta valdeorresa Tania Peláez, quen tamén facía unha destacada actuación, con todo, por tan só 2 centésimas, non puido entrar na final dos 300 m.

Fotos cedidas.

 

 

 

 

Back to top button