
Medalla valdeorresa no arranque do Campionato de España de lanzamentos longos, que se desenvolverá ao longo desta fin de semana na pista Gaeta Huguet como na pista Universitat Jaume I de Castellón. O lanzador de martelo Carlos Revuelta Parra, da S. Gimnástica de Pontevedra, que competía na categoría absoluta, vén de lograr a medalla de bronce nesta proba nono estadio Gaeta Huguet.
Acodía a este nacional coa sexta mellor marca da tempada e esta era a décimo terceira participación nesta competición española, igualando o récord de Javier Cienfuegos. Revuelta lograba lanzar o martelo de 7.260 gramos ata os 62,40 metros no seu sexto lanzamento.

Ademais, a súa calidade como adestrador tamén se reflexaba no podio deste Campionato de España xa que o seu púpilo Kevin Arreaga, mentres que Alberto González facíase coa prata. Outro atleta adestrador por Revuelta, Juan Jiménez, conseguía unha quinta posición.
Nesta Campionato de España tamén participan outros dous atletas valdeorreses que competirán mañá: Javier Cid de categoría U18 (do Sanysec-Ourense), e Miriam Gonçalves, en U16, do Adas Cupa do Barco.
Fotos e vídeo cedidos.
