DeportesÚltima hora

O martelista valdeorrés Carlos Revuelta, terceiro no nacional absoluto por federacións autonómicas

Pola súa banda, Inés Domcapo lograba unha décima posición na proba dos 1.500 m

 

Nesta fin de semana desenvolvíase en Ciudad Real o Campionato de España absoluto por federacións autonómicas, disputado ao longo de todo o día en Ciudad Real. Da selección galega formaban dous valdeorreses: o martelista Carlos Revuelta e a mediofondista Inés Docampo.

 

 

A nivel individual sobresaía o resultado de Revuelta, que ocupou a terceira posición cun lanzamento de 60,96 metros. Pola súa banda, Inés Docampo foi décima nos 1.500 metros cun tempo de 4 minutos 36 segundos.

 

Carlos Revuelta, con Kevin Arteaga e Pedro Martín, que lle precederon no podio.

 

Ao final, a selección galega ocupaba o sexto lugar, con 361 puntos, tras manterse en postos de podio durante gran parte do campionato. Trátase dun excelente preludio do que pode ser un gran campionato absoluto individual a disputarse dentro de dúas semanas en Tarragona.

Fotos cedidas.

 

Foto: FGA.
Back to top button