EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O Master of Wine Kenichi Ohashi destaca o potencial de envellecemento do godellos valdeorreses

Visitaba esta semana a D.O. Valdeorras, percorrendo viñedos e realizando catas de godellos de diferentes anadas e dun tostado

Nesta semana a Denominación de Orixe Valdeorras recibía a visita do Master of Wine xaponés Kenichi Ohashi, acompañado por Koichi Kajiya, responsable dunha coñecida empresa importadora xaponesa. Durante a súa estancia na comarca, visitaron viñedos en varios concellos da zona.

Despois do percorrido, desprazáronse á sede do Consello Regulador, en Vilamartín, onde lles agardaba o seu presidente, Marcos Prada, e o director técnico da denominación, Jorge Mazaira. Alí realizaron unha cata de viños da variedade godello, de diferentes adegas da comarca, tanto da anada actual 2024, como de anadas anteriores, entre outras, de 2019, 2018 e 2014, así como dun viño tostado.

 

 

O Master of Wine xaponés destacou trala cata, non só “a altísima calidade” dos godellos, senón “o espectacularmente ben que envellecen os viños” que probou, algúns deles con máis de cinco, e incluso máis de dez.

Ohashi insistiu na posibilidade de que Xapón poida establecer relacións con Valdeorras e converterse nun mercado de interese para os viños valdeorreses, tanto para os brancos, como para os tintos.

 

Back to top button