
Enfundado na camisola branca de mellor novo da carreira desde a primeira semana, o xove Giulio Pellizzari (Red Bull-Bora-Hansgrohe) estreaba na tarde deste mércores 10 de setembro o seu palmarés profesional ao grande ao impoñerse en solitario na etapa 17 de La Vuelta 25, que saía ás 13:30 horas dende O Barco de Valdeorras e terminada nas duras ramplas da nova vertente do Alto do Morredero, en Ponferrada (León).
O ciclista italiano, o máis novo en gañar unha etapa na carreira española desde Tadej Pogacar en 2019 aos seus 21 anos, foi capaz de destacarse do grupo de favoritos a 4 quilómetros da cima do porto leonés, onde avantaxou con 16 segundos a Tom Pidcock (Q36.5), 18 ao seu compañeiro Jai Hindley e 20 ao líder Jonas Vingegaard (Visma-Lease a Bike), que aumentou en dous segundos a súa vantaxe sobre Joao Almeida (UAE Team Emirates-XRG) na véspera da disputa da importante contrarreloxo de Valladolid.

Xa na meta, Pellizzari aseguraba que este é o mellor momento da súa carreira, unha carreira curta por agora. “Hoxe tiña unha sensación estraña. Dalgunha maneira sentía que podía ser o meu día. E teño que agradecerllo ao meu equipo, especialmente a Jai (Hindley)”, dixo, recoñecendo que hoxe estaban a loitar para asaltar o podio. “Non o conseguimos, pero isto aínda non acabou. Fomos a por todas no val para tentar poñer a Pidcock baixo presión. Nos últimos quilómetros, tiñamos a dous corredores do equipos entre os seis mellores e pensaba: ‘se arrinco, ninguén me vai a seguir’. Así o fixo e aínda que Riccitello tentou atacar moitas vece, “ía realmente ao límite na parte máis dura, pero cando suavizou un pouco, tenteino e foi perfecto para min”, conclúe.

Fotos: Unipublic.