OurenseÚltima hora

O “Memorial dos calcetíns”, na biblioteca pública Nós de Ourense, homenaxea ás infancias perdidas en Gaza

 

Ata o vindeiro 23 de maio os soportais da praza da República de Ourense, na Biblioteca Pública Nós, acolle a instalación artística “Memoria dos calcetíns”. Foi elaborada con calcetíns infantís doados ao longo dos meses polos ourensáns para esta acción solidaria que rende homenaxe ás infancias perdidas en Gaza.

Uxía Morán, coordinadora do Memorial dos calcetíns, explicou que: “Malia o silenciamento da realidade, propiciado por Israel e os Estados Unidos, o xenocido segue en marcha e son milleiros os palestinos mortos ou feridos dende o teórico alto o fogo”.

Estes milleiros de calcetíns infantís están pendurados de cordas con pinzas que levan o nome de nenas e nenos mortos por mor do conflito en Gaza.

Imaxes cedidas.

 

 

Back to top button