A RúaConcellosÚltima hora

O miradoiro do Barranco Rubio tralo paso do lume polo concello da Rúa

 

Aínda está lonxe de ser extinguido pero pouco a pouco, a desaparición do fume vai deixando ver os efectos das linguas de lume que dende hai unha semana arrasan Valdeorras.

 

 

Os montes, as viñas, naves industriais, igrexas e lamentablemente casas, case pobos enteiros como o de San Vicente de Leira en Vilamartín, que foi pasto das chamas.

 

 

Algúns veciños fannos chegar imaxes do paso do incendio polo seu concello como estas, na Rúa, nun recorrido pola zona do Barranco Rubio no que “todo está arrasado, pero o milagre da vida sigue, coas formigas realizando o seu infatigable traballo”.

 

 

Unha mensaxe de optimismo entre tanto caos e tristeza.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button