Tal e como estaba previsto, tralos ensaios previos e unha semana de actividades culturais e lúdicas, na tarde deste venres 9 de maio o colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras poñía o broche as festas na honra á patroa cun animado e concorrido festival no que participa toda a comunidade educativa.
Dende os pequenos Infantil ata os maioores da ESO os alumnos desfilaban e bailaban con coidadas coreografía e ao ritmo de coñecidas cancións entre as que non faltaban Potra Salvaje ou APT baixo a atenta mirada do público que abarrotaba o pavillón polideportivo do colexio.
Un total de once bailes que fixeron as delicias dos asistentes.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.