OurenseÚltima hora

O Museo Galego do Entroido acolle unha exposición da Deputación sobre as cornamusas primitivas

 

O Museo Galego do Entroido, en Xinzo da Limia, acolle dende este venres 11 de abril a exposición “Cornamusas primitivas: historia da civilización”, unha mostra organizada pola Deputación de Ourense coa finalidade de “dar a coñecer os fondos do Museo Internacional de Cornamusas da Escola Provincial de Gaitas da institución provincial”. Ao acto de apertura asistiron o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, e o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, quenes destacaron “o valor cultural e didáctico” desta exposición.

A mostra reúne exemplares procedentes de diferentes territorios e culturas do mundo, entre eles o País Vasco, El Gastor (Cádiz), Landas de Gascoña, Romanía, República de Mari-El, Xeorxia, Sardeña (Italia), India, Dalmacia, Túnez, Persia, Croacia, Suecia, Illas gregas, Anatolia, Ucraína e Malta. Cada instrumento incorpora un código QR que permite acceder a interpretacións orixinais de instrumentistas de cada cultura, así como á historia e características de cada unha das pezas. A exposición complétase cunha mostra fotográfica sobre a iconografía da gaita na Península Ibérica a partir do século XIII, ofrecendo unha visión histórica e cultural da evolución deste instrumento tradicional ao longo dos séculos.

Esta exposición ten carácter didáctico e está especialmente orientada a centros educativos e visitas de turismo cultural, reforzando así a difusión do patrimonio musical e cultural. Estará a disposición do público ata o 30 de xuño 2026, podendo ser prorrogable.

 

Back to top button