ConcellosQuirogaÚltima hora

O musical ‘Un conto de Nadal’ chega a Quiroga coa orquestra La Ocaband, Manquiña e Pepo Suevos

A actuación será o sábado 27 de decembro no Auditorio e contará coa participación de alumnos do CEIP e do grupo local O Recanto

 

Este sábado, 27 de decembro, chega a Quiroga o musical Un conto de Nadal, una experiencia máxica para toda a familia que adapta o conto clásico de Dickens creando unha historia con música e emoción para que o protagonista do conto recupere a ilusión polo Nadal. Os actores Pepo Suevos e Manuel Manquiña e La Oca Band presentan un musical cun repertorio no que os ritmos recordan estas datas tan especiais.

O musical terá ademais aires locais posto que no escenario tamén estarán alumnos do CEIP de Quiroga e o grupo de música tradicional O Recanto, que acompañarán aos integrantes de La Ocaband na interpretación de dúas coñecidas cancións.

 

 

A actuación musical que forma parte dos concertos do Xacobeo da Xunta de Galicia, terá unha duración de dúas horas nas que ademais das cancións de Nadal tamén se inclúen distintos ritmos e estilos, onde terán cabida o rock ou temas máis clásicos.

Dirixido a un público familiar esta adaptación musical e teatral poñerá riba do escenario do Auditorio Municipal, o sábado ás 19:30 horas, a maxia do Nadal.

Back to top button