Dende Vilanova (A Veiga) partirá o 30 de novembro ás 8:30h. a marcha de montaña “O Nadal en Pena Trevinca”, que ascenderá para colocar o xa tradicional belén no teito de Galicia. Nesta actividade, promovida polo Club de M. Montañas de Trevinca, seguirase a ruta de Valmeladas e Sestil Alto e prevese colocar o nacemento en Pena Trevinca ás 13h.
Media hora despois iniciarase o regreso, seguindo, sempre que as condicións o permitan, a ruta do Crestón do Lombo do Rocín/Maluro. “Ao longo do percorrido daranse explicacións sobre seguridade en circunstancias de neve e xeo, así como as actuacións convintes en situacións de perdas ou mal tempo na montaña invernal. A morfoloxía glaciar das montañas de Trevinca completará as clases teórico-prácticas”, adiantan dende a organización.
As prazas son limitadas e o prazo para anotarse remataba o vindeiro 28 de novembro ás 13h.
Fotos cedidas.