A imaxe do Nazareno, portada por membros da súa confraría, saía ás 22h. deste Xoves Santo dende igrexa de San Mauro no Barco para percorrer a vila na tradicional Procesión do Silencio.
Tras deixar atrás a praza, na rúa de San Mauro (rúa Escura) a comitiva relixiosa continuaba polas rúas Real, San Roque e xa pola avenida Manuel Quiroga, xa enfiando novamente cara a igrexa de San Mauro.
O tráfico estaba regulado pola Policía Local. Deseguido ás 23h. comezaba a Hora Santa na igrexa de Santa Rita.
Fotos: A.R.
Vídeos: O SIL.
