Con alegría e ganas de reencontrarse cos compañeiros, na maioría dos casos, comezaba na mañá deste mércores 9 de setembro, o curso 2026/2027 no CEIP Manuel Respino, na Rúa.

Era o último centro rués en comezar, pasadas as nove e media da mañá, e facíano coma sempre sendo recibidos no patio polo equipo directivo e distribuídos por cursos para dirixirse ás correspondentes clases. Os proxenitores, sobre todo dos máis pequenos, viñan cargados e bolsas con material para o curso.

Un curso que contará cunha potente programación extraescolar, con actividades deportivas (multideporte, patinaxe, baloncesto, futbol sala,…), culturais (pintura e artes plásticas, danza urbana, arte dramático,…) e apoio educativo, da man da ANPA que puxo en marcha a campaña de socios, activos e protectores.

Fotos: Mónica G. Bellver.