SanidadeÚltima hora

O obradoiro “Coidados bucodentais nos nenos”, dirixido a ANPAs, impartíase no Colexio Divina Pastora do Barco

A hixenista do Centro de Saúde do Barco, Yolanda Fernández, achegaba formación e consellos a pais, nais e coidadores

 

Co fin de mellorar a saúde bucodentais dos máis pequenos, na tarde deste 27 de abril desenvolvíase no Colexio Divina Pastora do Barco o obradoiro “Coidados bucodentais nos nenos”, dirixido a pais, mais ou coidadores. Esta actividade, que forma parte acción comunitaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, estaba impartida pola hixienista Yolanda Fernández, do Centro de Saúde do Barco.

A sesión, solicitada pola ANPA do Divina Pastora, comezaba ás 15:15h, e nela os asistente aprendían a recoñecer a placa bacteriana, a usar os reveladores de placa bacteriana ou a corrixir técnicas de cepillado. Yolanda Fernández tamén lles explicaba como se forma a caries dental e como se pode previr, tamén falaba da aplicación de flúor na casa ou na consulta e daba consellos sobre como actuar ante un golpe na boca e a rotura dun dente.

 

 

A hixienista incidía na importancia de que as merendas que se preparan para que leven os nenos ao colexio sexan saudables, tanto en infantil como en primaria. “Unicamente deben levar auga, nada de batidos, nin zumes, e comer froita sempre é unha boa opción, froitos secos, ademais de bocadillos de pan de verdade, co contido que queiramos, menos con nocilla, iso podemos deixalo para as merendas na casa, onde poden lavar os dentes”. Tamén lembraba que se fan revisión aos cativos cada tres meses no Centro de Saúde.

Fotos cedidas.

 

Back to top button