O vindeiro 26 de xuño, a nutricionista de Alcer (Asociación para a Loita contra as Enfermidades Renais) de Ourense, acudirá ao Concello do Barco para levar a cabo un obradoiro denominado “Etiquetado nutricional: descobre o que comes”. Terá lugar no salón de actos (3º andar) do edificio Multiusos entre as 17h ata as 19h da tarde.
Este obradoiro ofértase tanto a persoas con enfermidade renal, familiares, persoal sanitario e poboación xeral. Para poder participar é necesaria a inscrición, polo que todos os interesados poden facelo chamando á asociación a través dos seguintes teléfonos: 988 229 615 / 663 780 330.