SanidadeÚltima hora

O obradoiro “Mira que boca”, de saúde infantil, impártese no CEIP Julio Gurriarán

 

Un grupo de alumnos do CEIP Julio Gurriarán do Barco participaba o 9 de abril no obradoiro de saúde escolar “Mira que boca”, impartido pola hixiniesta Yolanda Fernández. Esta iniciativa forma parte das actividades de promoción da saúde que promoven os hixienistas bucodentais de Atención Primaria da Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e que se oferta aos centros escolares para fomentar os hábitos de hixiene bucodental entre os escolares.

O obradoiro “Mira que boca” busca divulgar entre os máis pequenos os hábitos de vida saudables no referente á saúde bucodental, aportar instruccións de hixiene oral como o cepillado dental correcto e a importancia do consumo dunha dieta que axude a evitar enfermidades como pode ser a carie.

Ese mesmo relatorio impartirase o  12 de abril no Condesa de Fenosa do Barco. En cada obradoiro faise un breve repaso polos compoñentes da boca, explícanse os hábitos saudables e nocivos respecto á dieta e incidirán na importancia da hixiene oral para evitar a patoloxía bucal máis común como poden ser a carie e a enfermidade xenxiva. Ademais remátase cun obradoiro de cepillado, adaptado á idade, onde se explican as técnicas de hixiene bucodental e os medios a empregar.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button