CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Orfeón Trivés cantará no Festival de Rondallas de As Pontes (A Coruña), o 4 de outubro

 

Nova actuación para dar a benvida ao outono. Ata o concello de As Pontes de García Rodríguez, na Coruña, viaxará o Orfeón Trives o vindeiro 4 de outubro para participar, xunto á Rondalla Só Elas e Rondalla Vila de As Pontes, no Festival de Rondallas que se celebrará no cine “Alovi” a partir das 20 horas,

Nesta ocasión, a coral dirixida por Sandra González interpretará seis temas: Tres Cantos Andinos, Torrevieja, Agüita del Río, Popurri Galego, Meu Amor é Mariñeiro Negra sombra.

E xa no mes de novembro, coincidindo coa festividade de Santa Cecilia, viaxarán ata Madrid para actuar no Centro Galego.

 

Back to top button