
Un novo acto solidario abrolla en Valdeorras, nesta ocasión coa música como base. Un grupo de veciños da comarca organizan o festival solidario Auga Fest en beneficio dos damnificados polos incendios deste verán.
A cita será este venres día 10 de outubro ás 20 horas, no Teatro Municipal Lauro Olmo do Barco e contará coa actuación de Abertal, Orfeón Valdeorrés, Gabriel Prada (espectáculo de clown) e Trikitiza (Euskadi).
A venda de entradas e Fila Cero (10 euros) serán en Mi Mamá Me Mima (A Rúa) e Exclusivo (O Barco). Tamén desde unha hora no propio teatro. “Os ingresos obtidos serán doados a través dunha ONG ás persoas que perderon os seus fogares”, aseguran dende a organización.