CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O Orfeón Valdeorrés rende a súa particular homenaxe ao Botelo do Barco cun concerto de temas populares galegos

 

Na xornada deste sábado 10 de xaneiro comezaba a conta atrás para a XXIV edición da Festa do Botelo do Barco. A venda de entradas pola mañá e o concerto do Orfeón Valdeorrés pola tarde marcaban o inicio dunha programación que vai máis alá do xantar que o vindeiro sábado día 17 xuntará no pavillón municipal de Calabagueiros a máis de 1.150 persoas.

 

 

Durante moitos anos era o Orfeón quen poñía a nota musical no acto previo ao xantar o día da festa que inclúe a mención de honra e o pregón, chegando a crear unha canción propia en homenaxe a este rico manxar, emblema gastronómico do Barco. Unha homenaxe que por segundo ano rendían unha semana antes, nun animado e divertido concerto no Teatro Lauro Olmo no que, ademais da canción O Botelo con letra de José Luis Folla, música de José Ramón Mansilla e acompañado polo público, interpretaban outros temas do seu extenso repertorio.

 

 

Comezaban con Os cregos e os taberneiros incluíndo un variado repertorio no que predominaban as obras populares galegas, como a Foliada de Olas, explicadas unha a unha polo propio director.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button