Como de costume, contra as cinco da tarde deste Luns de Entroido o Oso de Salcedo facía a súa aparición anual. Atopábase coa praza da localidade completamente ateigada de xente, multitude de persoas que, coa axuda dos seus criados, non tardaría en enfeluxar coas súas poutas.

Así, esta ancestral máscara ía deixando a marca de feluxe nos rostros de todos aqueles cos que se atopaba. Antes da súa saída, aparecía o Osiño, unha iniciativa coa que se está incorporar aos máis novos a esta tradición. O Oso é a figura máis emblemática do Entroido desta aldea, que tamén conta con outras manifestacións de interese como o teatro ou as Madamas e os Danzantes.
Fotos: Carlos G. Hervella.
