
O vindeiro domingo 10 de maio o equipo xuvenil do Ourense Ontime FSF, do que forma parte a valdeorresa Vera Rodríguez, xogará en Ferrol a final do Campionato Galego de Fútbol Sala contra o Ribeira FS. Será ás 20 horas no pavillón municipal da Malata.
Despois do partido disputado o pasado luns 4 de maio contra Poio Pescamar, no que o equipo de Vera impúxose por 0-4, as ourensás afrontan esta final como campioas de liga galega. Agardamos que esta fin de semana en Ferrol sexa unha continuación á gran tempada do equipo e da futbolista valdeorresa.
Cando menos verase recompensado o gran esforzo e ilusión que ten todo o equipo Ontime por ser as vencedoras da liga galega que, se se leva a cabo, acudirán á liga nacional sendo un gran paso para o fútbol sala feminino en Galicia.
