Día de convivencia coas diferentes xeracións do club, o vivido o pasado 6 de setembro polo MV Barco, nun ambiente de familia e xogo no que participaron o pasado, presente e futuro do baloncesto barquense xunto aos seus amigos e familiares.
“Superando os 80 participantes vivimos unha xornada que daba pé ao comezo dunha nova tempada para o club”, explican dende o club.
Nesta publicación poden verse imaxes da xornada celebrada na praza do Concello do Barco pola mañá coas nosas categorías baby, benxamín e alevín; e no pavillón municipal pola tarde coas categorías infantil, cadete, júnior, sénior e sénior +50.


Fotos: MV Barco