O Barco de Valdeorras honra hoxe a Santa Rita de Casia, con misas cada hora dende as oito da mañá, e procesión coa imaxe da Santa polas rúas da vila.
Pola tarde o baile no campo da festa correrá por conta da orquestra Marbella pero a encargada de abrir o programa musical era a charanga Los Bercianos cun pasarrúas pola mañá, o acompañamento na procesión e sesión vermú a mediodía.
Fotos e vídeo: O SIL.