PolíticaÚltima hora

O Pavillón dos Remedios de Ourense acollerá os encontros da Selección Española de Hóckey Sala

 

O Concello de Ourense e a Federación Galega de Hóckey informan da celebración de varios encontros da Selección Española de Hóckey Sala no Anexo do Pavillón dos Remedios. A cidade foi escollida como sede para estas xornadas de traballo do combinado nacional, que preparará o europeo de Heidelberg (do 8 ao 11 de xaneiro) no Torneo IV Nacións de Ourense.

A colaboración entre o Concello e a Federación permite que a Selección se desprace a Ourense para disputar unha serie de partidos. Ademais, o domingo 28, os máis pequenos poderán desfrutar dun clinic gratuíto cos xogadores da selección tras o seu primeiro encontro, unha actividade para iniciarse no hóckey sala e compartir a experiencia cos deportistas.

HORARIOS DOS PARTIDOS EN OURENSE:

  • Domingo, 28 de decembro
    11 horas:  ESPAÑA vs ITALIA
    12 horas: Clinic gratuíto coa Selección Española para nenos e nenas
    14 horas: PORTUGAL vs SUÍZA
  • Luns, 29 de decembro
    11 horas: ESPAÑA vs SUÍZA
    12:30 horas: ITALIA vs PORTUGAL
    17:30 horas: SUÍZA vs ITALIA
    19 horas: PORTUGAL vs ESPAÑA
  • Martes, 30 de decembro
    9 horas: Partido polo 3º e 4º posto
    11 horas: Final do torneo
    12:10 horas: Entrega de premios

Dende a Concellería de Deportes sinálase que a cesión das instalacións dos Remedios responde ao obxectivo de apoiar o traballo das federacións e ofrecerlle á veciñanza a posibilidade de ver hóckey de nivel nacional sen saír da cidade. Pola súa banda, a Federación Galega destaca a boa disposición do Concello para coordinar os aspectos loxísticos necesarios para que o equipo estatal poida desenvolver a súa actividade en Ourense.

Back to top button