Entre os galardoados na gala coa que o Club Adas Cupa do Barco celebraba na noite deste 24 de outubro o seu 43 aniversario no Teatro Lauro Olmo estaba, na categoría de medios de comunicación, o Periódico O SIL, que ao longo dos seus 29 anos de traxectoria ten feito un especial seguimento do atletismo, especialmente en Valdeorras.
O Adas recoñía deste xeito “a colaboración e apoio incondicional á nosa entidade”, por parte deste medio de comunicación.
Era o director do Periódico O SIL, Carlos García, quen recollía o recoñecemento de mans da concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, e, ademais de agradecer o galardón, destacaba que “era tamén para o seu equipo, sen el este traballo non sería posible”.
Fotos: A.R., agás á primeira da galería que é cedida.
