En portadaÚltima hora

O petisco do Bar Zig Zag, ganador na “XV Ruta do Barco” na que se servían 10.000 pinchos

Os galardóns entregábanse esta mañá. En segundo lugar quedaba o Bar Bailarín e no terceiro o Bar Barbudos

 

De “rotundo éxito, tanto pola calidade das propostas como pola alta participación”, cualifica a organización da Ruta de Pinchos “O Barco Vai de Viños” a 15ª edición deste evento, que se celebraba do 8 ao 16 de xaneiro neste municipio, considerando ademais que se trata dunha “das citas gastronómicas más importantes do calendario local”. Así se destacaba na entrega de premios aos mellores pinchos deste ano, celebrada esta mañá no edificio Multiusos do Barco.

Nesta edición, organizada polo Concello do Barco, AEVA (a Asociación Empresarial de Valdeorras) e o Centro Comercial Aberto (CCA), participaban 33 establecementos hostaleiros, nos que se serviron más de 10.000 petiscos, unha cifra que reflicte o gran interese que esperta esta iniciativa, destinada a dinamizar a hostelería local e atraer visitantes á comarca de Valdeorras.

 

 

Durante o acto de presentación de gañadores e balance, a concelleira de Turismo, Alba Rodríguez, destacaba o esforzo, a creatividade e o alto nivel demostrado polos locais participantes, así como a implicación do público e o apoio imprescindible de colaboradores e patrocinadores.

Pola súa banda, o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, resaltaba a “cantidade importante de petiscos, que se traducen nunha cantidade económica importante, xa que ían acompañados de diversas bebidas. Así mesmo, felicitaba a “AEVA e ao Barco CCA e tamén á concelleira polo traballo feito porque a ruta está consolidade e agradecerlle a todos os barquenses e visitantes que viñeron desfrutar dela, xa que iniciativas deste tipo son as que necesitamos para dinamizar a nosa economía”.

 

 

Premios aos mellores petiscos

Os establecementos gañadores recibiron como premio unha peza de artesanía en madeira, elaborada polo artista local Spoombini, en recoñecemento ao talento e a excelencia da hostelería barquense.

• Primeiro premio: Café Zig Zag (Zona Mencía), polo petisco “Terra e brisa”, entregado pola concelleira de Turismo, Alba Rodríguez.

• Segundo premio: Café Bailarín (Zona Garnacha), polo petisco “Delicia terra e mar”, entregado por Jacobo Arias, presidente do CCA.

• Terceiro premio: Bar Barbudos (Zona Sousón), polo petisco “Bóla”, entregado por Carlos Terán, presidente de AEVA.

Premio en redes sociais

O premio á fotografía más votada en redes sociais foi para Tamara Álvarez, que recibirá unha cesta de produtos da tenda Ton y Son.

Sorteo de ceas

Así mesmo,  realizábase o sorteo de catro ceas para catro parellas nos restaurantes colaboradores:

  • Fernando III
  • Pulpería El Dorado
  • Hotel Pazo do Castro
  • Restaurante O PiquiñoEstes premios foron posibles grazas á colaboración de Exclusivas Morais, Distribuciobwa Roca, Adegas D’Berna e Distribuciones Anger, entidades que mostraron un firme compromiso co éxito deste roteiro gastronómica.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button