DeportesEnduroÚltima hora

O piloto barquense Diego Teixeira, primeiro en open 2t no Enduro de Santa Comba

Jorge Paradelo era segundo en elite

Diego Teixeira na carreira de súper enduro disputada en Valladolid./ Foto cedida.

 

O piloto valdeorrés Diego Teixeira segue sumando podios tanto en enduro como en enduro extremo.

Na última fin de semana de maio quedaba terceiro na carreira de súper enduro disputada en San Martin de Valveni, Valladolid, dentro do Campionato de Castela e León e, unha semana despois (1 e 2 de xuño), participaba na carreira da Liga Galega de Enduro en Santa Comba (A Coruña), con bos resultados para os Valdeorreses. O tamén barquense Jorge Paradelo subía ao segundo chanzo na categoría elite onde Jairo Cao era 10°; e Diego Teixeira subía ao máis alto na categoría open 2t.

 

Teixeira no podio de Santa Comba./ Foto cedida.

 

Tal e como explica o propio Teixeira, a carreira discorría por un terreo bastante seco “cunha especial rápida e que tiña moita grabilla solta co que era moi fácil caerse, e outra tamén rápida máis endureira con algún obstáculo con troncos e uns neumáticos de maquinaria pesada”.

Con esta carreira a liga descansa ata despois do veránl, quedando dúas probas para finalizar o campionato deste 2024.

Back to top button