ConcellosTrivesÚltima hora

O poboado de San Salvador (A Pobra de Trives) terá unha parada de bus

Concello da Pobra de Trives.

 

O Concello da Pobra de Trives vén de informar de que o poboado de San Salvador disporá dunha nova parada de autobús, “demanda histórica da veciñanza que por fin se fará realidade despois de que o goberno local lla solicitase á Xunta de Galicia, que é quen ten as competencias. A confirmación da concesión desta parada chogou esta mesma mañá ao concello trivés”.

A partir do día 27 deste mes, a liña XG613001 Vilarmeao (marquesiña) – Manzaneda – Ourense E.I. contará cunha nova parada en San Salvador (A Pobra de Trives), dando así resposta ás peticións reiteradas dos veciños, que levaban tempo reclamando unha mellor conexión co servizo de transporte público interurbano.

A alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez, amosou a súa satisfacción pola aprobación desta nova parada e destacou que “se trata dun avance importante para mellorar a mobilidade da poboación de Trives e facilitar o acceso aos servizos públicos de transporte que vertebran a nosa provincia”.

Con esta incorporación, o Concello “continúa a traballar para mellorar as comunicacións e a calidade de vida da veciñanza, apostando por un transporte máis accesible, próximo e útil para todas as persoas residentes en Trives”, segundo aseguran dende esta administración local.

 

Back to top button