A localidade barquense de Vilanova comeza hoxe as festas na honra á Virxe da Asunción, pero na noite do xoves 13 de agosto, abrían boca coa actuación dunha xove banda que está dando moito que falar.
Trátase de KZ Angels, membro de AMAVA (Asociación de Música Alternativa de Valdeorras) que daban un animado concerto cun son cada vez máis compacto e potente así como “unha enérxica posta en escena que transmite aos seus seguidores, cada vez máis numerosos”, aseguran dende AMAVA.

Fotos cedidas.