PolíticaÚltima hora

O PP de Vilamartín solicita á alcaldesa “xestións urxentes” para que se actúe no río Farelos en Arcos

 

Nesta semana o grupo municipal do PP de Vilamartín de Valdeorras presentaba no Concello, a través do seu concelleiro José Pinto, un escrito no que se solicita que a alcaldesa deste municipio faga “as xestións necesarias e urxentes na Confederación para que se actúe con urxencia no río Farelos ao seu paso por Arcos, solicitando que se amplíe o cauce do río e a retirada de árbores no cauce ao seu paso pola localidade. Para así evitar máis danos dos que xa se están xerando a veciños e infraestruturas”.

Foto cedida.

Back to top button