PolíticaÚltima hora

O PP pide que se aprobe o proxecto dos carrís de adiantamento na N-120 entre Os Peares e Ourense

 

O 4 de novembro de 2025 os deputados ourensáns do PP, Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, preguntaban por escrito o Congreso sobre a finalización do redacción do proxecto construtivo dos carrís adicionais da N-120 entre Os Peares e Ourense PPKK 548 ao 564 e sobre que data compromete o goberno para licitalas.

Hoxe emitían unha nota de prensa sinalando que acaban de recibir a resposta do Goberno de España na que se lles indica que nestes momentos o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está redactando o proxecto construtivo dos citados carrís adicionais da N-120.

Neste senso, os deputados ourensáns do PP din que “non pode ser máis decepcionante a resposta do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible xa que vinte e un meses despois da aprobación do proxecto de trazado continúan coa cantilena de que “están a redactar” o proxecto construtivo. E ademais seguen sen comprometer data algunha para a licitación das obras.

“Basta de dilacións e de enganos aos cidadáns, esiximos ao MITMA dilixencia e licitación de obras en 2026”, afirma o deputado Celso Delgado.

Back to top button