
Dende o o 15 ata o 30 de xuño estará aberto o prazo de admisión nos ciclos formativos do IES Lauro Olmo, no Barco de Valdeorras, un centro que neste 2025 celebraba o 50 aniversario, consolidado como un centro de referencia e un dos máis grandes e con maior oferta educativa que mestura á perfección os estudos de Bacharelato e Formación Profesional.
Con respecto á FP no centro barquense pódense cursar seis ciclos de Grao Medio e dous de Grao Superior:
Ciclos Formativos de Grao Medio:
– Atención a Persoas en Situación de Dependencia.
– Coidados Auxiliares de Enfermería.
– Electromecánica de Vehículos.
– Peiteado e Cosmética Capilar.
– Instalacións Eléctricas e Automáticas.
– Xestión Administrativa.
Ciclos Formativos de Grao Superior:
– CS Administración e Finanzas.
– CS Vitivinicultura (Dual)
A estes últimos teñen acceso as persoas que veñan de estudar un Ciclo de Grao Medio ou acabar o Bacharelato. No caso do Ciclo de Vitivinucultura, un dos máis novos (este ano sae a segunda promoción) ten moitas saídas xa que hai máis de 40 adegas na zona onde se pode traballar “e senón ir a outras zonas. Ten moi boas perspectivas se che gusta a adega, as viñas, o campo en xeral, é unha boa opción”, asegura a directora do centro Amparo Quiroga, destacando tamén o Ciclo Superior de Administración e Finanzas que “dá posibilidade de traballar en calquera empresa, onde sempre se necesita persoal administrativo”.
Máis información na web do centro: ieslauroolmo.gal


