
Entre os viaxeiros do ferrocarril histórico de “Toral en Tren” que esta tarde de 5 de xuño chegaba á estación de Quereño (Rubiá), estaba o presidente da Federación Europea de Ferroviarios, Carlos Abellán Ruiz, quen manifestaba a súa satisfacción por esta iniciativa festiva e cultural.
Aballén, natural de Santiago de Compostela, accedía á presidencia da Federación Europea de Ferroviarios dende en setembro do 2025, na asemblea da entidade celebrada en Burdeos (Francia). Alí era “elixido entre oito países que representan toda a irmandade dos ferroviarios tanto en activo como xubilados, ademais, de todas as empresas ferroviarias. Este feito é importante porque por primeira vez en 65 anos un galego e un español é o presidente esta institución, que está recoñecida nas Nacións Unidas, e que ten a súa sede en Bruxelas (Bélxica)”, tal e como lle contaba ao Periódico O SIL.
Tamén se refería as prioridades nas que está a centrar o seu labor esta tederación, entre elas, todo o relacionado coas “novas liñas, as interconexións entre os distintos países, a necesidade das denominadas autopistas ferroviarias, nas que queremos queden integradas España e Portugal con respecto ao resto de Europa, o fomento de trens turísticos e históricos, museos e todo o que conleva o tema ferroviario”, explicaba.
Fotos: Carlos G. Hervella.

