EconomíaEconomíaÚltima hora

O proxecto europeo RISC_PLUS avanza en territorio portugués coa instalación de 7 novas estacións hidrometeorolóxicas

A APA culmina a execución de novas infraestruturas que reforzan a capacidade de monitorización nas concas do Miño e do Limia/Lima

 

A Agência Portuguesa do Ambiente (APA), socia do proxecto europeo RISC_PLUS, que lidera a Confederacióni Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), completou unha nova fase de instalación e modernización de estacións hidrometeorológicas nas concas do río Miño e do río Lima. Esta actuación enmárcase na Actividade 1: Coñecemento da conca, especificamente na acción mellora das redes de control e intercambio de información, un dos piares fundamentais do proxecto.

Os traballos permitiron ampliar e reforzar a rede de monitorización mediante a instalación de catro estaciones completamente novas en:

Cavada (Caminha)
Cerdeira (Vila Nova de Cerveira)
Merufe (Monção)
Segude (Monção)

Ademais, procedeuse á actualización do equipamento e dos sistemas de teletransmisión doutras tres estaciones existentes, pertencentes ao Sistema de Vixilancia e Alerta de Recursos Hídricos (SVARH) da APA, situadas en:

Extremo (Arcos de Valdevez)
Nogueira (Viana do Castelo)
Vila Nova de Cerveira

 

 

Todas as estacións incorporan sensores e tecnoloxía de última xeración capaces de rexistrar en continuo parámetros crave como a precipitación, o caudal, a temperatura, a humidade ou o nivel da auga. Estes datos permitirán mellorar a precisión dos modelos hidrolóxicos e avanzar no desenvolvemento de sistemas de alerta temperá máis eficaces fronte a fenómenos extremos como inundacións e secas.

A instalación destas sete estaciones supón un avance significativo na mellora do coñecemento hidrolóxico compartido e no fortalecemento da cooperación técnica entre España e Portugal nas concas internacionais do Miño e do Limia/Lima.

Este proxecto, cofinanciado polo programa europeo Interreg España–Portugal (POCTEP) 2021–2027, aposta por solucións baseadas no coñecemento científico, a cooperación transfronteiriza e a innovación tecnolóxica, para garantir unha xestión eficiente e sostible da auga nun escenario marcado polo cambio climático.

Back to top button