Neste xoves 13 de agosto de 2026, a aldea de Borruga, no concello de Manzaneda, convertíase no escenario dunha proposta cultural innovadora da man do proxecto “Galicia Latente”. Unha tarde de descubrimento que combina exposición, cine e debate para explorar as paisaxes humanas e simbólicas da Galicia contemporánea desde unha mirada ancorada no territorio. A presentación correrá a cargo da xornalista Eva Perales Hervella, afincada en Barcelona e con orixes na aldea de Borruga.
Programa previsto era o seguinte
· 18:00 h – Roteiro guiado pola exposición “Galicia Latente”, un percorrido visual e sensorial polas obras que se integran nas propias rúas de Borruga, convertendo a aldea en escenario e laboratorio cultural.
· 19:00 h – Proxección do documental “Os Códigos” no antigo forno da aldea. Trátase dunha peza audiovisual de 5 minutos que, a través de imaxes do propio arquivo, indaga nas claves do “quen somos” desde a memoria compartida e os afectos enraizados no rural.
· 20:00 h – Faladoiro “A Galicia Latente de Borruga”, un espazo de diálogo aberto moderado por Teresa Blanco. Nesta conversa poranse en común as claves da saúde comunitaria e o benestar emocional vinculado á identidade cultural, tomando como referencia as experiencias de países como Suecia, Xapón ou Canadá, onde a cultura e o territorio xa son considerados eixes esenciais da saúde integral.
