PolíticaÚltima hora

O PSdeG-PSOE de Ourense conmemora o 95º aniversario da II República cun acto no cemiterio de San Francisco

 

Os socialistas de Ourense, representados polo súa executiva local e provincial rendían esta mañá homenaxe a todas “aquelas persoas que loitaron pola liberdade, moitas delas pagando un prezo moi alto” no 95 aniversario da II República.

No acto, que tivo lugar no Cemiterio de San Francisco de Ourense e no que se realizou unha ofrenda floral aos represaliados, interviron a secretaria xeral de Ourense, Natalia González Beneitez; o secretario provincial, Álvaro Vila Araújo; o secretario de formación das Xuventudes Socialistas, Daniel Barredo e o secretario provincial de Memoria Democrática, Xosé Lois Carrión.

Natalia González expresou que a súa “memoria obríganos a non esquecer, a defender a democracia cada día e a seguir avanzando cara a unha sociedade máis xusta. E por iso tamén, as socialistas, levamos tempo facendo propostas claras e necesarias en materia de memoria democrática. Propostas que pasan por dignificar os espazos da memoria, como que o Campo de Aragón, se a declarado por fin, lugar de memoria e que sexa nomes do como Praza da Segunda República; propostas para retirar simboloxía franquista que aínda persiste, para recoñecer ás vítimas e ás súas familias, e para impulsar iniciativas educativas que garantan que as novas xeracións coñezan a nosa historia”.

 

Back to top button