Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Quiroga Trail Challenge 2026 – Etapa do Lor, unha mulitudinaria cita

Foto: RTM Quiroga.

 

O Quiroga Trail Challenge 2026 – Etapa do Lor celebrábase nesta fin de semana cun “éxito absoluto de participación e organización, consolidándose como unha das citas imprescindibles do calendario de trail en Galicia. O salvaxe e espectacular territorio do río Lor volveu ser o gran protagonista dunha xornada marcada polo deporte, a natureza e a emoción”, segundo a valoración dos seus organizadores.

O evento tivo lugar na contorna do Xeoparque Montañas do Courel, un espazo natural de enorme valor xeolóxico e paisaxístico que ofreceu aos corredores un percorrido técnico, esixente e visualmente impresionante. As sendas escarpadas, os bosques autóctonos e os miradoiros naturais sobre o val do Lor debuxaron un escenario único para a competición.

A meteoroloxía acompañou durante toda a xornada, con condicións ideais para a práctica do trail running: temperaturas suaves, ceos despexados e terreo en perfectas condicións. Isto permitiu que os participantes gozasen plenamente do percorrido e espremesen ao máximo o seu rendemento nun dos territorios máis auténticos e salvaxes de Galicia.

Desde a organización do Quiroga Trail Challenge 2026 destacouse o “comportamento exemplar dos corredores, o apoio do voluntariado e a implicación do público local, que volveu envorcarse coa proba. A etapa do Lor reafirma así o crecemento e a consolidación desta competición, que combina deporte, respecto pola contorna e promoción do patrimonio natural”.

Con esta edición, o Quiroga Trail Challenge continúa “fortalecendo a súa identidade e proxectando o territorio do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel como un destino de referencia para o trail running a nivel nacional”, din os seus promotores.

PODIUM MASCULINO ULTRA DESAFIO 65K.
1- Pablo Villa.
2- Jesús Gil.
3- David Porto.

PODIUM FEMENINO TRAIL DO LOR 29K.
1- Alicante Cimpean.
2- Lucía Ribeira.
3- Inma Pumariño.

PODIUM MASCULINO TRAIL DO LOR 29K.
1- Lucas Hernández.
2- Nacho Aramburu.
3- Mario Rouco.

PODIUM FEMENINO MARATÓN 42K.
1- Susana Chamorro.
2- Karina Gómez.
3- Patricia López.

PODIUM MARATÓN 42K.
1- Daniel Domínguez.
2- Bruno Ferradás.
3- Xose María.

Back to top button